venres, 20 de xaneiro de 2023

O TEMPO METEOROLÓXICO

 Traballamos os sinónimos e vocabulario do tempo meteorolóxico coa seguinte canción.



luns, 16 de xaneiro de 2023

ESTACIÓN METEOROLÓXICA

 A semana pasada, fomos ver a estación meteorolóxica que temos no colexío. Porque falando da palabra estación e vendo a foto non tiñamos claro do que se trataba. 

Hoxe investigamos os aparellos da estación meteorolóxica. Buffff! Que palabras tan raras e difíciles.

Premede na seguinte imaxe para repasar.




ÁRBORE XENEALÓXICA

 

A FAMILIA BOLECHAS

Durante os próximos días traballaremos coa familia BOLECHAS.

Aquí tedes a ÁRBORE XENEALÓXICA dos pais e os fillos da familia Bolechas.


Atrevédesvos a facer a vosa árbore xenealóxica?

Pois imos aló!

Se queredes xogar cos Bolechas premede na imaxe.

domingo, 8 de xaneiro de 2023

O PÓRTICO DA GLORIA

 NADAL 2022

Neste Nadal investigamos sobre o Pórtico da Gloria. 

O primeiro que descubrimos e que son 24 anciáns que o mestre Mateo esculpiu na pedra, 21 tocan e 3 prepáranse para cantar. 

De seguido pescudamos de que instrumentos se trataba e puxémonos a traballar.

Fídula oval, fídula en oito, laúde, organistrum, arpa, salterio e salterio vertical. 









Así nos quedaron o día do festival.




O seguinte traballo foi facer unha representación do pórtico da gloria.






Quedou xenial, grazas a axuda da profe Vito.




Para o día do festival tamén quixemos bailar unha danza desa época na que soan os instrumentos do pórtico da gloria. 

O primeiro que tivemos que aprender foron os números pares e impares.



Ensaimos duro e o día do festival saínos moi ben.

xoves, 22 de decembro de 2022

mércores, 7 de decembro de 2022

O APALPADOR

 A serra do Caurel é un dos lugares máis fermosos nos que alguén pode nacer e vivir. Esta nosa serra é o fogar do Apalpador, ser máxico que na nosa tradición aleda ás nenas e os nenos no Nadal con pequenos agasallos nacidos directamente da natureza. Sabemos del que é inmortal e tamén que é un velliño cheo de enerxía e bondade.

É o momento de poñerse a preparar as cartas.

preme na imaxe

sábado, 3 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL


Así celebramos nos este día, cantando, bailando, xogando e iniciandonos na Lingua de Signos coa canción TRIBO DA BANDA DA LOBA.