Despois de coñecer a fauna e flora da Illa de Cíes, subimos a bordo neste super barco no peirao de Cíes, rumbo a Illa de Ons.
Que nos atoparemos alí?
Xa estamos na Illa de Ons. Que fermosa!
Alí agárdanos unha ave ben bonita. O corvo mariño cristado.
Seguimos investigando sobre o reino vexetal das Illas Cíes.
Toca pescudar sobre o toxo costeiro, Ulex europaeus.
A flor de toxo, o alecrín, colorea a matogueira costeira do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
É un arbusto espiñento, que pode medir ata 3 metros.
Inventamos un poema para os nosos amorodos e para o laranxeiro que temos amadriñado.
E comezamos a investigar sobre o reino vexetal das Illas Cíes.
HERBA DE NAMORAR
Hoxe quentamos motores para mañá.
Sabemos que para chegar ao Parque Nacional das Illas Atlánticas necesitamos ir en barco.
Recitamos o seguinte poema.