Sen dúbida foi un día moi divertido no que todos e todas gozamos da visita dos Reis Magos, dun contacontos, xogamos con xogos tradicionais que tanto lle gusta tallar ao Apalpador e tomamos as doce uvas tamén o estilo tradicional.
Achegase oNadal e non pode faltar un conto que fale de personaxes moi queridos polos pequenos.
Falo do Apalpador, personaxe mítico Galego, de profesión carboeiro que polas festas de Nadal visita aos máis pequenos para deixarlle agasallos e castañas.
Aquí vos deixo o booktrailer do Apalpador e o arco da vella.
Seguro que queredes coñecer a historia completa. A que si?
Na vindeira semana gozaremos deste conto e descubriremos toda a historia. E como os personaxes de Nadal nesta época teñen moita importancia para os máis cativos, a semana pasada participamos no reto da biblioteca investigando personaxes do Nadal que hai noutros lugares do mundo.
A semana pasada os alumnos e alumnas de 2º levamos a cabo unha actividade moi divertida. Contamos chistes e esmendrellamos coa risa. Aquí vos deixamos os vídeos para que non paredes de rir.
Esta semana pasada os alumnos e alumnas de 2º fixemos con plastilina e palillos estes espectaculares corpos xeométricos. Construimos prismas, cubos e pirámides e medimos a altura da pirámide con regretas. Tamén houbo quen se atreveu co icosaedro.
Aló polo Samaín, decidimos participar no reto da biblioteca o que nos convidou Siria. Tratábase de crear unha composición cun debuxo ou fotografía dun lugar do noso concello que nos dera medo e explicar por que.
Estamos moi ilusionados porque os alumnos e alumnas de 2º participamos na construción da horta. Coa axuda de expet@s comezamos a construir o horto que coidaremos o longo de todo o curso, e aló polo mes de febreiro xa teremos alguns alimentos.
Estivemos moi atentos as explicacións dos expert@s, preparamos a terra para logo plantar leitugas, chícharos...axudamos a construir o perímetro do horto e tamén buscamos bichos e follas de todo tipo.