domingo, 26 de maio de 2019
venres, 17 de maio de 2019
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019
"HOMENAXEANDO A ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS"
A vida e a obra de Antón Fraguas encheu estes días as aulas, biblioteca, corredores, chanzos, andeis e xanelas do colexio.
Para os alumnos/as de 2º, foi unha semana de moitas actividades e... moiiiiiiiii emocionante!
Elaboramos o cartel para o chanzo de Antón Fraguas Fraguas coa técnica do colaxe.
Traballamos arreo para representar a obra de teatro "OS POEMAS DO RÍO" para o alumnado do centro.
Repartimos os carteis polas aulas que elaboramos da obra de teatro para contar con bos asistentes.
E chegou o momento da función.
E por suposto participamos na romaría que se organizou no colexio e das que tanto investigou Antón Fraguas.
HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. FELIZ DÍA!
luns, 8 de abril de 2019
DÍA MUNDIAL DO AUTISMO
A Asamblea Xeneral das Nacións Unidas declarou por unanimidade o 2 de abril como Día Mundial da concienciación sobre o Autismo para poñer de relevo a necesidade de contribuir a mellora da calidade da vida das persoas con autismo, para que poidan levar unha vida plena e gratificante como parte integrante da sociedade.
E como podes colaborar ti? Así o fixeron os alumnos/as de 2ºB.

domingo, 31 de marzo de 2019
PADRÓN
Neste trimestre continuamos pescudando sobre Padrón, o proxecto anual deste curso, e xa podemos dicir que o coñecemos, ou alomenos un pouco máis.
O seguinte vídeo servemos para saber un chisco máis sobre esta fermosa vila.
Daquela, xa estamos preparados para escribirlle aos alumnos/as de 2ºA do colexio Príncipe de Asturias para que coñezan como é Padrón.
Eles xa nos escribiron, e encantounos o seu pobo!
Na vindeira semana enviarémoslle unha carta contandolle como é Padrón e tamén lle mandaremos unhas postais cos monumentos que temos aquí.
A MALETA
O longo deste trimestre levamos a cabo a dinámica de cohesión de grupo titulada "A MALETA".
Consiste en que cada alumno/a leva un día a maleta a súa casa, para traela cargada con obxectos que despois na aula ten que ensiñarllos aos compañeiros e explicarlle que significa cada un deles.
Encantounos!
mércores, 6 de marzo de 2019
CHEGA O ENTROIDO
Unha semana chea de actividades preparándose para o gran día, venres de entroido. Por primeira vez no colexio levouse a cabo un desfile pola vila de Padrón.
Este ano o proxecto anual de centro e coñecer
Padrón a fondo. Neste entroido quixemos achegarnos a figura do escritor
Padronés Camilo Jose Cela co título “Quen vive a carón do tren?”
Disfrazándonos de ferroviari@s. Con este
disfrace representamos un tren que pasaba xunto a casa de Camilo e que conducia o seu avó materno que foi ferroviario e
cuxa locomotora se atopa na súa fundación.
Durante toda a semana traballamos para elaborar o disfrace, fixemos as locomotoras e os vagóns con caixas de cartón e as rodas con cartolina.
O mércores asistimos a biblioteca a ponencia sobre o entroido con interese turístico galego, os Xenerais da Ulla.
E participamos no reto da biblioteca explicando este entroido Galego tan espectácular.
Para máis información:
Tamén durante a semana participamos nas mandadas do Meco.
E o venres, xuntos o Entroido celebramos vindo ó colexio disfrazados. Pasámolo xenial!
E despois de tanto andar, fixemos unha boa parva con doces de entroido. Deliciosa!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

