xoves, 30 de abril de 2020

MERENDAS SAÚDABLES

Elabora o teu calendario semanal de merendas para a vindeira semana. Debaixo de cada día escribe a merenda e fai o debuxo. Lembrade que as froitas son imprescindibles para unha alimentación saúdable.
Elixe un día para facer a túa merenda favorita e con quen che gustaría compartila.

(Non é preciso imprimir a lámina, coma sempre podedes facela nun folio ou caderno)

                                   

Agora uns xogos para que gocedes coas froitas, hortalizas e facendo menús.














Tedes novas actualizacións na web do cole:
BIBLIOTECA
RELIXIÓN

mércores, 29 de abril de 2020

ARTE E VENTÁS

Se algo fixemos nestes días na casa foi mirar polas ventás, para aplaudir, cantar, bailar, tocar instrumentos, saudar aos veciños e veciñas, observar...
Existen multitude de obras de arte na que as ventás son as protagonistas, como esta de Dali,
 titulada "Muchacha en la ventana"

Suspiros de sal: Muchacha en la ventana - Salvador Dalí - Historia ...
preme na imaxe e poderás ver máis obras de arte

Propóñovos o seguinte:
Observade a imaxe e facedevos preguntas:
Quen será esa muller?
Que fai?
Onde estará?
 Que verá?
Que ulirá?
Que escoitará?
Como se sentirá?
...
Agora saíde a vosa ventá e facédevos as mesmas preguntas:que vexo? Que escoito? Que ulo?...Despois escribídeo.
Sacade unha foto e poñedelle un título.
Pintade a vosa propia obra de arte mirando pola ventá que máis vos gusta da casa.
Tamén podedes inventar unha pequena historia baseada nesa foto.
Enviádeme as vosas obras de arte para facer un libro "ARTE E VENTÁS EN CUARENTENA"😊


martes, 28 de abril de 2020

UNHA SEMANA EN IMAXES






DE QUE COR É UN BICO?

A pesares do confinamento e da distancia, mandovos un bico e unha recomendación lectora, por todos eses bicos que nos gustaría dar e non podemos.
Cando todo pase volveremos a bicarnos e a dar apertas. 


De que cor é un bico? - Algar Editorial


De que cor son os nosos bicos?

Debuxa os bicos que che gustaría dar e non podes, pintaos e escribe que significa cada un.

E recordovos que kalandraka TV contavos un conto cada día.


DEBUXO CON LEANDRO LAMAS


E para seguir pasando estes días entretidos, hoxe vou a presentarvos a un pintor e ilustrador galego LEANDRO LAMAS (preme no seu nome).
Quen ademais está compartindo e ofrecendo os seus deseños paso a paso para que poidamos debuxar na casa! 

http://www.crtvg.es/informativos/o-ilustrador-leandro-lamas-ofrece-os-seus-desenos-guiados-paso-a-paso-4372451?fbclid=IwAR1W1qhIKfJL1x1coxlXd0LP53-Bc-dV6o5VMGS9B6E9D87L-Ng_4f-PV1c

Moitas son as persoas que se achegan os seus debuxos, velaí colgamos dous e os pasos que deberedes seguir para obter ese resultado; cada quen é libre de colorealo como queira empregando rotuladores, ceras, etc. Ánimo maiores e pequenos artistas!








luns, 27 de abril de 2020

SIMETRIA

MARCHOSOS: JUEGA MIENTRAS APRENDES CON ESTAS ACTIVIDADES DE GEOMETRIA

Propóñovos un xogo, "simetrías por parellas" 
(preme no nome do xogo para ver máis recursos), cun irmá, con papá, mamá ou avós,  podedes usar material como regletas, policubos, palillos, plastilina, legos...ou calquer outro que teñades pola casa. Poñédelle imaxinación.
Colocamos un eixe de simetría e a partir de aí poñemos a ambolos lados e así imos construindo modelos simétricos. Este é o que fixen eu, unha árbore con cocos, amorodos e plátanos de canarias.😊 




Tamén fixen o mar con un páxaro e un barco. Pero ollo, como se reflexa no mar?


Outros modelos.

       

     
Por último experimentade a simetría con espello. Neste caso usade o espello como eixe de simetría.





Veña, poñelle a voar a vosa imaxinación e construide os vosos modelos.

Deixovos algún material máis por se queredes debuxar.

venres, 24 de abril de 2020

UN CONTO PARA ESTE FIN DE SEMANA


Aquí vos deixo este conto, ideal para este fin de semana. Animádevos a enviarme foto da vosa saída a rúa de novo. Gozade moito.😃

              

Tamén podedes escribir un pequeno texto, contando esta experiencia para que vos quede de recordo.
Que día e hora saíches a rúa?
Con quen saíches?
Que sentiches?
Que uliches?
Que xoguete levaches?
Que tempo facia? Solleiro, anubrado, choiva...
Que percorrido fixeches?
Con quen te atopaches?
...