venres, 29 de maio de 2020

O MAIO

Estamos a piques de rematar o mes, e aquí vos propoño despedilo  coñecendo a festa dos MAIOS.

Ahí ven o maio
de flores cuberto...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min extendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvo-lo pobre
do pobo galego:
pra min hon hai maio.
¡pra min sempre é inverno!
(Aires da miña terra, Curros Enríquez)



E para os que gosten da versión musical feita por Luís Emilio Batallán ('Ahí ven o maio') (preme na imaxe).

OS MAIOS NA NOSA CULTURA

É unha festa popular de orixes ancestrais.Adóitase celebrar o 1 de maio para rendir tributo á terra e á fertilidade.
A festa consiste en realizar unha estrutura floral e follas propias da estación. A xente reúnese ao redor dela cantando coplas.

TURISMO EN GALICIA | Turismo, Cultura





Os maios tradicionais están compostos na súa maioria de especies vexetais propias da época: fiuncho, fieito,margaridas,
rosas, xesta, calas,laranxas...  




Actividades arredor dun poema.

                                  


Actividade interactiva

                     
OS MAIOS

xoves, 28 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO DEREITO O XOGO


Os beneficios do xogo son considerables e indiscutibles: xogar é unha fonte inesgotable de pracer, alegría, descubremento, reto e satisfacción, que permite un crecemento equilibrado do corpo, a intelixencia, a afectividade e a sociabilidade.

Como celebralo?

Pois xogando a tope😊
  • Propoñovos unha partida de parchis, de cartas ou de calquera xogo de mesa que teñades pola casa.
  • Sacade a bicicleta ou os triciclos e dade un paseo pola vila.
  • Sacade os bonecos ou os monstros a pasear.
  • Xogade co trompo, o ioio, con cordas, a goma de saltar, a pelota...
  • Pasade unha tarde de xogo na praia.

Enviádeme o debuxo do voso xogo favorito, ou unha foto ou vídeo xogando, o que prefirades.


Entrade no blog da biblioteca e participade na proposta de hoxe elaborando o voso xoguete.

GOZADE DO DÍA 

mércores, 27 de maio de 2020

PORTADA DUN LIBRO

Escolle un libro que che guste. Fíxate ben na súa portada e recréaa!
Podes facelo con debuxos como se fora un collage, pero eu anímote  a que sexas máis creativo/a e saias ti na portada. Non ten que ser igual, pode ser a túa versión: disfrázate, busca materiais pola casa...e sorpréndenos! Envíademe unha foto co resultado.


E como a proposta de hoxe vai de libros, non vos esquezadas de ler tódolos días. 
Facede que tódolos días sexan o día do libro.
Aquí vos deixo un conto para que escoitedes.


E tamén lembrade facer 10 minutos de calculadora.

martes, 26 de maio de 2020

ESTRATEXIA + - 1 E + - 2


ESTRATEXIA +1
  • Con regletas: teño 1, e 1 máis?, teño 2, e 1 máis?... 3 e un máis, 4 e un máis, 5 e un máis... (palabra clave: POSTERIOR)
  • No seguinte vídeo podedes ver un xogo para esta actividade, só precisades as regletas, un dado de moitas caras ou dous dados.





  • Paso a fase gráfica no papel  e posteriormente a linguaxe simbólica.



ESTRATEXIA +2
  • Con regletas facemos o mesmo pero coa  estratexia +2: 3 e dous máis, 4 e dous máis, 5 e dous máis...
  • Paso a fase gráfica no papel e posteriormente a linguaxe simbólica.

FACEDE O MESMO PERO COA ESTRATEXIA -1 E -2 (palabra clave: ANTERIOR).




Anterior y posterior


Tamén vos propoño que continuedes investigando coa calculadora. No seguinte vídeo tedes a explicación de como usar o factor constante. 



Facede series ascendentes e descendentes 
VERBALIZADAS:
    Calculadora kawaii en Calculadoras - GIF Animado | REYGIF
  • de 1 en 1
  • de 2 en 2
  • de 5 en 5
  • de 10 en 10
  • de 20 en 20
  • de 25 en 25
  • de 50 en 50
  • de 100 en 100

Logo pasádeas a escrita. Dividide un folio en catro partes e en cada parte escribide unha serie.


luns, 25 de maio de 2020

INVESTIGADE

SABEDES QUE É ISTO?

los costos: LOS COSTOS
Seguro que si. A proposta de hoxe e que coñezades como funciona este aparello. No seguinte documento tedes con detalle toda a investigación para levar a cabo. 



 O longo da semana poñereivos novas actividades para afondar no coñecemento deste aparello tecnolóxico, e para que vaiades descubrindo algunhas das moitas posibilidades que ten.
Durante esta semana enviádeme os vosos vídeos trebellando con este dispositivo. 
Ánimo!

venres, 22 de maio de 2020

Planilla ata o 100

Todos debedes ter unha planilla coma esta na casa, pero senón a tedes, é o momento de facela. 
  • Dedicádelle un tempo tódolos días a leela. De 1 en 1, de 10 en 10... Comezando desde calquera número cara adiante e cara atrás.



  • Con regletas contade de 10 en 10, de 5 en cinco, de 2 en 2...
  • Ide rodeando os números conforme os ides decindo de 2 en 2 de cor amarelo, de 5 en 5 de cor azul e de 10 en 10 de cor laranxa. 



Xogade: 
  •  Podedes poñer tódolos días a data con regletas.
  •  Intenta facer con regletas unha cara(ollos, nariz, boca, pelo...)cuxo valor sexa 100. A cara ten que gardar certa simetría, igual que as caras humanas.

Un problema de dobres
Doble y mitad

Tedes actividades de inglés da teacher Christina para esta quincena. Tamén de música e de relixión.