venres, 19 de xuño de 2020

OS MELLORES RECORDOS

A pesares  de que este curso se veu truncado polo coronavirus, tamén contamos con moi bos recordos. Así queremos despedir as clases a distancia. 


VERÁN 2020


Preme na imaxe

HEROÍNAS E HEROES


E no último día de clase a distancia, un pequeno agasallo ben merecido. Aquí vos deixo os vosos diplomas.
















xoves, 18 de xuño de 2020

VACACIÓNS


Vacións de verán



Agora imaxínate que estamos no mes de setembro do vindeiro curso.

Que che gustaría que pasara en setembro cando comece o próximo curso?
Debúxate a ti e os compañeiros o primeiro día que cheguedes a escola.
Debúxate a ti e os compañeiros ese mesmo día no patio, no tempo do recreo.

mércores, 17 de xuño de 2020

SOBRE ESTE CURSO


Hoxe anímovos a que fagades a seguinte pequena reflexión sobre este curso.

Fin de curso


Agora xogade a verdadeiro ou falso coas matemáticas.


Juegos matemáticos

luns, 15 de xuño de 2020

ÚLTIMA SEMANA

Aínda que dun xeito ben diferente, achegase o fin de curso. De estar no colexio estaríamos preparando a festa de fin de curso. Asique este ano non poderemos despedir o curso bailando e facendo festa todos xuntos. Seguramente aprendemos cousas que non esperábamos e botamos en falta outras que tampouco imaxinábamos.
Nestes días elaborade un cartel cos tres mellores recordos deste curso. Logo sacade unha foto donde máis vos guste e enviádema. Con un vídeo cos vosos recordos celebraremos o fin de curso todos xuntos.

Entrade no blog da biblioteca, tedes as recomendacións lectoras para este verán. E tamén ollade o día mundial dos oceanos que foi a semana pasada. Lede os consellos para eliminar os plásticos dos mares, logo fai ti un cartel engadindo algún que consideres importante. 


Agora a xogar.

venres, 12 de xuño de 2020