mércores, 17 de marzo de 2021

O HORTO

 Onte visitamos o horto, preparamos a terra, plantamos, regamos e agora debemos coidar as nosas leitugas e amorodos para que nos den unhas saborosas ensaladas e uns deliciosos amorodos. Ummmmm!


























luns, 8 de marzo de 2021

QUE SON OS ECOSISTEMAS?

 A semana pasada investigamos o lagarto ocelado e descubrimos que son moi importantes para os ecosistemas das Illas Atlánticas, pero...que palabra tan rara, non sabemos o que son os ecosistemas. Daquela toca pescudar. 

Un ecosistema é o conxunto de seres vivos, animais e vexetais, que viven e relaciónanse no mesmo espazo.

mirade o seguinte vídeo

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


xoves, 4 de marzo de 2021

INVESTIGAMOS SOBRE O LAGARTO OCELADO

 Un réptil ben bonito que vive no Parque Nacional das Illas Atlánticas. 
Descubriredes que vida tan interesante ten!












Un vídeo do lagarto arnal.


preme na imaxe para ver outro vídeo

martes, 2 de marzo de 2021

MULLERES

Xa se achega o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Neste día conmemórase a loita pola igualdade real entre homes e mulleres.
Cómpre construír unha sociedade na que a muller poida desenvolverse de maneira íntegra sen sufrir ningún tipo de discriminación.
Para iso é necesario que os nenos e nenas sexan conscientes desta situación, pensen, investiguen o papel da muller ao longo da historia, reflexionen e actúen.
Para levar a cabo esta reflexión, o longo da semana traballaremos esta canción e elaboraremos unha entrevista para enviarlle as TANXUGUEIRAS.

Seguro que nos contestan a todo!



preme na imaxe


martes, 23 de febreiro de 2021

OS NOSOS BARCOS

E agora si! Xa temos barcos para poder navegar polas Illas do Parque Nacional Atlántico. Daquela, calquera destes días subiremos a bordo e navegaremos de Cíes a Ons.