luns, 6 de marzo de 2023

MARIA ANNA MOZART



O día 8 de marzo celebramos o "Día Internacional da Muller" e este curso imos estudar a Maria Anna Mozart. Considerada nena prodixio e xenio músical.




venres, 3 de marzo de 2023

PRIMEIRA SEMANA EN MODO GALEGO ACTIVADO

Comezamos a semana asinando o noso compromiso.






Dia a día intentamos mellorar.




Ademais esta semana tivemos unha gran sorpresa, a mestra Ana, chegou a nosa aula coa caixa dos monstros. Enviáronnos unha carta, fotos e pezas para construir un crebacabezas. Descubrimos que en Galicia temos moitas marabillas e unha delas é o  PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS.






Uxio e Sofia leronnos a carta.










Construindo o crebacabezas por equipos.






Recordamos coas actividades do blog do Modo Galego. Actívao! Que na marxe dereita deste blog temos a canle do Xabarín e do Digoche Eu! Para que polas tardes sigamos activados.


E como esta semana asistimos a unha actividade relacionada co proxecto anual do centro " A MÚSICA" quixemos contárvola en modo "DIGOCHO EU"


preme na imaxe para ver o vídeo


mércores, 22 de febreiro de 2023

ENTROIDO

Entroido 2023. 
VERBENA BAROUTA.

Grazas familias pola vosa colaboración, os nenos e nenas estaban xenial.

No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo.
 

DÍA DE ROSALÍA

 O 23 de febreiro nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela e comezaba a vida dunha loitadora que nos serve de exemplo en moitos ámbitos vitais. Figura indispensábel na literatura femenina escrita no século XIX. Para celebrar o seu día, o longo da semana levamos a cabo diferentes actividades. 

Pescudamos por que mudou a data do seu nacemento.

preme na imaxe

Traballamos o seguinte poema e recordamos a súa biografía.

preme na imaxe


venres, 10 de febreiro de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Co gallo do día internacional da muller e a nena na ciencia, esta semana traballamos moito sobre o tema. Cantas cousas inventaron as mulleres!