MULLERES! Sen elas o mundo párase.
Onte 8 de marzo, volvemos a lembrar que segue sendo preciso este día para amosar que queremos mulleres e homes en igualdade.
Houbo mulleres de lenda que habriron camiño ata entón reservados para homes, como nos amosan os alumnos e alumnas de 1º cos seus traballos levados a cabo durante toda a semana. O alumnado de
1º A pescudou a fondo sobre a bióloga mariña RACHEL CARSON e os de 1ºB mergulláronse no mundo da natación sincronizada con GEMMA MENGUAL.
Unha vez rematados os nosos traballos, xuntámonos para expoñerllo aos compañeiros e compañeiras de nivel.
os alumnos e alumnas de 1ºA presentan o seu traballo aos de 1ºB
Os alumnos e alumnas de 1ºB presentan o seu traballo aos alumnos e alumnas de 1ºA
E así quedaron expostos no corredor xunto cos traballos feitos por todo o alumnado do colexio que se nota que tamén traballaron a fondo.
POR UN MUNDO LIBRE DE MACHISMO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario