domingo, 25 de marzo de 2018

ABECEDARIO DO MAR

Aló polo mes de outubro nos inicios de curso comezamos a investigar para construir o noso abecedario do mar. 
Coñecemos moitos animais mariños, que no mar hai herbas que se chaman algas como por exemplo a ulva e que se comen, descubrimos que o zooplancto está constituido por miles de especies de animais, e moitas outras cousas, como que hai bosques mariños... 
Hai que ver o que aprendemos construindo o abecedario do mar!
 Fixádevos ben na letra Ñ porque ten truco, como non atopamos ningunha palabra que comezara con esa letra decidimos buscar unha palabra que levara esa letra polo medio. 
Neste trimestre rematámolo, ollade como quedou.

                              Estamos moi orgullosos do noso traballo.




Tamén na última semana deste trimestre rematamos as nosas lentes en 3D. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario