mércores, 6 de marzo de 2019

CHEGA O ENTROIDO


Unha semana chea de actividades preparándose para o gran día, venres de entroido. Por primeira vez no colexio levouse a cabo un desfile pola vila de Padrón.

Este ano o proxecto anual de centro e coñecer Padrón a fondo. Neste entroido quixemos achegarnos a figura do escritor Padronés Camilo Jose Cela co título “Quen vive a carón do tren?”
Disfrazándonos de ferroviari@s.  Con este disfrace representamos un tren que pasaba xunto a casa de Camilo e que conducia o seu avó materno que foi ferroviario e cuxa locomotora se atopa na súa fundación.



Durante toda a semana traballamos para elaborar o disfrace, fixemos as locomotoras e os vagóns con caixas de cartón e as rodas con cartolina.







O mércores asistimos a biblioteca a ponencia sobre o entroido con interese turístico galego, os Xenerais da Ulla.
E participamos no reto da biblioteca explicando este entroido Galego tan espectácular.


 

 

 

 

 

 

 

Para máis información:


Tamén durante a semana participamos nas mandadas do Meco.








E o venres, xuntos o Entroido celebramos vindo ó colexio disfrazados. Pasámolo xenial!



E despois de tanto andar, fixemos unha boa parva con doces de entroido. Deliciosa!






Ningún comentario:

Publicar un comentario