domingo, 31 de marzo de 2019

PADRÓN

Neste trimestre continuamos pescudando sobre Padrón, o proxecto anual deste curso, e xa podemos dicir que o coñecemos, ou alomenos un pouco máis.
O seguinte vídeo servemos para saber un chisco máis sobre esta fermosa vila.



Daquela, xa estamos preparados para escribirlle aos alumnos/as de 2ºA do colexio Príncipe de Asturias para que coñezan como é Padrón.
Eles xa nos escribiron, e encantounos o seu pobo!
Na vindeira semana enviarémoslle unha carta contandolle como é Padrón e tamén lle mandaremos unhas postais cos monumentos que temos aquí.

Preme na imaxe para ver a carta.


1 comentario:

  1. Que chulada de entrevista!!!alégrome moito de todo o que saben de Padrón estes cativos de 2°.

    ResponderEliminar