venres, 19 de xuño de 2020

OS MELLORES RECORDOS

A pesares  de que este curso se veu truncado polo coronavirus, tamén contamos con moi bos recordos. Así queremos despedir as clases a distancia. 


VERÁN 2020


Preme na imaxe

HEROÍNAS E HEROES


E no último día de clase a distancia, un pequeno agasallo ben merecido. Aquí vos deixo os vosos diplomas.
















xoves, 18 de xuño de 2020

VACACIÓNS


Vacións de verán



Agora imaxínate que estamos no mes de setembro do vindeiro curso.

Que che gustaría que pasara en setembro cando comece o próximo curso?
Debúxate a ti e os compañeiros o primeiro día que cheguedes a escola.
Debúxate a ti e os compañeiros ese mesmo día no patio, no tempo do recreo.

mércores, 17 de xuño de 2020

SOBRE ESTE CURSO


Hoxe anímovos a que fagades a seguinte pequena reflexión sobre este curso.

Fin de curso


Agora xogade a verdadeiro ou falso coas matemáticas.


Juegos matemáticos

luns, 15 de xuño de 2020

ÚLTIMA SEMANA

Aínda que dun xeito ben diferente, achegase o fin de curso. De estar no colexio estaríamos preparando a festa de fin de curso. Asique este ano non poderemos despedir o curso bailando e facendo festa todos xuntos. Seguramente aprendemos cousas que non esperábamos e botamos en falta outras que tampouco imaxinábamos.
Nestes días elaborade un cartel cos tres mellores recordos deste curso. Logo sacade unha foto donde máis vos guste e enviádema. Con un vídeo cos vosos recordos celebraremos o fin de curso todos xuntos.

Entrade no blog da biblioteca, tedes as recomendacións lectoras para este verán. E tamén ollade o día mundial dos oceanos que foi a semana pasada. Lede os consellos para eliminar os plásticos dos mares, logo fai ti un cartel engadindo algún que consideres importante. 


Agora a xogar.

venres, 12 de xuño de 2020

ANIVERSARIO DE PABLO


Aquí os agasallos dos teus compañeiros/as. Parabéns Pablo.



DESCRIBIMOS

Hoxe propóñovos describir.




Descripción

Reconocer personajes

Agora usade o seguinte guión, primeiro para facer a túa descrición en un folio ou caderno e logo xogade. Por parellas ou en familia, un describe a un amigo, amiga, familiar... sen dicir o nome e os demais teñen que adiviñar de quen se trata.
 Tamén vos animo a que me fagades un vídeo describindo a un compañeiro da clase, e eu tentarei adiviñar. Animo!


                                  

xoves, 11 de xuño de 2020

PINOCHO

Describir é explicar, de forma detallada e ordenada, cómo son as persoas, os lugares o os obxectos.

A proposta de hoxe é que traballedes a descrición con Pinocho. Seguro que xa sabedes moito del!

Primeiro escoitade o conto.


Agora facede a seguinte actividade.

                                      

Por último facede un debuxo do conto.

mércores, 10 de xuño de 2020

PORTADAS DOS CONTOS



ANIVERSARIO

E o venres celebramos o último aniversario deste curso.O noso compañeiro Pablo cumple 7 anos, asique xa sabedes facédelle a felicitación en un folio ou cartolina en horizontal. Para a decoración podedes animarvos con collage, volume... Tedes ata o venres para enviarma. Facede a foto en horizontal.

E para ti Pablo fai a invitación do teu aniversario. E anímate a contarnos como vas a celebrar ese día.

Gifs de Cumpleaños - Imágenes (GIF) animadas de Cumpleaños


Logo fai as seguintes actividades interactivas.

Mayor menor igual



Para esta actividade, se o precisas usa a taboa dos números ata o 100.

Complementarios del 100

martes, 9 de xuño de 2020

TRABALLAMOS CO CERO

Veña, animo que xa se achega o fin de curso!
O último esforzo. A ver se sodes capaces de ver a relación. Seguro que si.



Agora facede estas láminas.



Un pouco máis difícil. Seguro que moitos sodes capaces de chegar a ver esta relación.Animo!


Agora facede estas láminas e comprobade coa calculadora.






domingo, 7 de xuño de 2020

O MEDIO AMBIENTE

Protexamos o medio ambiente fronte os incendios forestais. Un conto para tomar conciencia sobre os efectos dos incendios. Lede o conto, logo facede as 5 páxinas de actividades que eu vos poño aquí no blog.

conto “o Home do Lume” 1EDUCACIÓN PRIMARIAGUÍA DE ACTIVIDADES“ O m o n t e v i v o ”

Actividades do conto

venres, 5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Recursos para el Día Mundial del Medio Ambiente (5 de junio)

Hoxe é o día mundial do Medio Ambiente. Este día lévase celebrando desde o ano 1973 co fin de fomentar a sensibilidade mundial sobre o Medio ambiente e motivar ás persoas para que formen parte activa do desenvolvemento sostible. 


" A HORA DA NATUREZA" 
É o lema elexido este ano para este día internacional.

Sen os servizos da natureza non sería posible a vida no planeta: nin os alimentos que se comen, o aire que se respira nin a auga que se bebe.
A pesares disto son moitas as accións irrespectuosas co entorno que requiren seguir traballando polo medio ambiente.
 Por todo isto, hoxe aproveito a ocasión para recordar e concienciar sobre a necesidade de coidar a nosa natureza.

Facede nas vosas casas esas pequenas cousas que xa estudiastes no colexio e que serven para coidar o planeta, como:

  • Reciclar: Tirade o lixo no colector correspondente.
  • Reutilizar: Fai algunha manualidade con material que atopes pola casa.
  • Non malgastar a enerxía: Facede un día sen coche, desprazadevos en bicicleta ou transporte público.
  • Non tirar comida: Preparade unha receita con restos da comida do xantar ou da cea.
  • Escoita o seguinte conto, " El viaje de Kirima" , os nenos e nenas aprenden e conciencianse sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Logo fai un debuxo sobre o conto.





  • As plantas son o pulmón da terra, podes plantar unha planta ou arbore.
  • A contaminación: Fai o seguinte sinxelo experimento para enternder a contaminación.



  • Biodegradable: Facede o seguinte experimento para entender o significado desta palabra.

Escoita a canción: A terra



                                     7 Día Mundial del Medio Ambiente Imágenes, Fotos y Gifs para ...


Entrade no blog da BIBLIOTECA que tamén vos conta cousas interesantes no día de hoxe.


xoves, 4 de xuño de 2020

ANIVERSARIO DE ALEJANDRO

Hoxe é un día especial, un dos nosos compañeiros está de aniversario, ALEJANDRO fai 7 anos!
Como non podia ser doutro modo os seus compañeir@s fixeronlle agasallos. 
Aquí están, preme e observa todo o que che queren os teus amigos e amigas.


Moitos parabéns!!

EU COCIÑO, TI COCIÑAS?


Cociñamos na casa. Primeiro saborea o conto, logo fai as actividades e convertete en cociñeir@ por un día.





                                      

E, á vez, poñede música e diversión!
Un libro delicioso cheo de receitas e de cancións para que os pequenos e as pequenas da casa nos deleiten cos mellores sabores.

Eu Cociño, Ti Cociñas? de Mamá Cabra en Amazon Music - Amazon.es



sofie y su mundo: Pequerecetas


Receitas divertidas para nenos e nenas.

                                Recetas divertidas para niños



Actividade interativa. Escribe unha receita.

Receta

mércores, 3 de xuño de 2020

DEBUXOS RELAXANTES


Hoxe propoñovos que vos relaxedes debuxando.


                   


a beautiful and mesmerizing #mandala :) ~ #ZenSunday #SacredSunday ...


Actividade interactiva

Anterior posterior

martes, 2 de xuño de 2020

O ALMANAQUE

Estamos comezando un novo mes, que da inicio o verán e as vacacións. Na rutina de hoxe, facede a seguinte actividade.
EL CALENDARIO


Tedes novas actividades na páxina web do centro de 
INGLÉS
MÚSICA
RELIXIÓN

luns, 1 de xuño de 2020

ARCO DA VELLA


O inicio da pandemia do COVID-19 todos e todas debuxamos o noso arco da vella como desexo de paz, degoiro de liberdade e esperanza de que pronto se poida facer vida normal. Pouco a pouco estámolo conseguindo e saíndo desto unidos e máis fortes.
Por iso aquí vos propoño un poema do arco da vella e actividades arredor del.

O poema "O ARCO DA VELLA" ven no libro, cuxa portada vedes a continuación. Observaa moi ben para responder as seguintes preguntas.

Os soños na gaiola Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En ...


  • Como se títula o libro?
  • Quen é o escritor?
  • Quen é o ilustrador?
  • Cal é a editorial?
  • Busca no dicionario dixital que aparece aquí no blog, na marxe da dareita, que significa "gaiola".


 Aprendede o poema de memoria e recitádeo, logo facede as actividades e o experimento. 
E, á vez, poñede música e diversión!











          


E o xoves temos de aniversario a Alejandro Vázquez Seco. Daquela xa sabedes, facédelle unha felicitación ben orixinal. Collede un folio ou cartolina, poñédeo en horizontal e deseñade a felicitación. Enviádeme a foto tamén en horizontal. Tedes para enviarme as fotos ata o mércores a última hora. 

E para ti Alejandro, fai a invitación do teu aniversario.



E como ben sabedes, hoxe comeza un novo mes, xuño. Collede un almanaque e facede o que xa é unha rutina de inicio de mes, anotade tódolos asuntos importantes(aniversarios de amigos/as e familiares, festas, que día remata o colexio, que día comeza o verán...), observade cantos días ten o mes e cantos días ten unha semana.
Tarjetas con movimiento con mensaje de Feliz mes de Julio:Gifs