luns, 1 de xuño de 2020

ARCO DA VELLA


O inicio da pandemia do COVID-19 todos e todas debuxamos o noso arco da vella como desexo de paz, degoiro de liberdade e esperanza de que pronto se poida facer vida normal. Pouco a pouco estámolo conseguindo e saíndo desto unidos e máis fortes.
Por iso aquí vos propoño un poema do arco da vella e actividades arredor del.

O poema "O ARCO DA VELLA" ven no libro, cuxa portada vedes a continuación. Observaa moi ben para responder as seguintes preguntas.

Os soños na gaiola Infantil E Xuvenil - Merlín - De 9 Anos En ...


  • Como se títula o libro?
  • Quen é o escritor?
  • Quen é o ilustrador?
  • Cal é a editorial?
  • Busca no dicionario dixital que aparece aquí no blog, na marxe da dareita, que significa "gaiola".


 Aprendede o poema de memoria e recitádeo, logo facede as actividades e o experimento. 
E, á vez, poñede música e diversión!











          


E o xoves temos de aniversario a Alejandro Vázquez Seco. Daquela xa sabedes, facédelle unha felicitación ben orixinal. Collede un folio ou cartolina, poñédeo en horizontal e deseñade a felicitación. Enviádeme a foto tamén en horizontal. Tedes para enviarme as fotos ata o mércores a última hora. 

E para ti Alejandro, fai a invitación do teu aniversario.



E como ben sabedes, hoxe comeza un novo mes, xuño. Collede un almanaque e facede o que xa é unha rutina de inicio de mes, anotade tódolos asuntos importantes(aniversarios de amigos/as e familiares, festas, que día remata o colexio, que día comeza o verán...), observade cantos días ten o mes e cantos días ten unha semana.
Tarjetas con movimiento con mensaje de Feliz mes de Julio:Gifs

Ningún comentario:

Publicar un comentario