Hoxe é o día mundial do Medio Ambiente. Este día lévase celebrando desde o ano 1973 co fin de fomentar a sensibilidade mundial sobre o Medio ambiente e motivar ás persoas para que formen parte activa do desenvolvemento sostible.
" A HORA DA NATUREZA"
É o lema elexido este ano para este día internacional.
Sen os servizos da natureza non sería posible a vida no planeta: nin os alimentos que se comen, o aire que se respira nin a auga que se bebe.
A pesares disto son moitas as accións irrespectuosas co entorno que requiren seguir traballando polo medio ambiente.
Por todo isto, hoxe aproveito a ocasión para recordar e concienciar sobre a necesidade de coidar a nosa natureza.
Facede nas vosas casas esas pequenas cousas que xa estudiastes no colexio e que serven para coidar o planeta, como:
- Reciclar: Tirade o lixo no colector correspondente.
- Reutilizar: Fai algunha manualidade con material que atopes pola casa.
- Non malgastar a enerxía: Facede un día sen coche, desprazadevos en bicicleta ou transporte público.
- Non tirar comida: Preparade unha receita con restos da comida do xantar ou da cea.
- Escoita o seguinte conto, " El viaje de Kirima" , os nenos e nenas aprenden e conciencianse sobre a importancia de coidar o medio ambiente. Logo fai un debuxo sobre o conto.
- As plantas son o pulmón da terra, podes plantar unha planta ou arbore.
- A contaminación: Fai o seguinte sinxelo experimento para enternder a contaminación.
- Biodegradable: Facede o seguinte experimento para entender o significado desta palabra.
Escoita a canción: A terra
Entrade no blog da BIBLIOTECA que tamén vos conta cousas interesantes no día de hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario