luns, 27 de setembro de 2021

MEDRANDO SANS

 Hoxe no colexio tivemos unha charla sobre a alimentación. O longo da semana investigaremos sobre este tema do que temos moito que aprender. Por exemplo:

- Alimentos para un almorzo completo.

- Unha compra saúdable.

- Diferenzas nos tipos de peixe: azul e branco.

- Os grupos de alimentos.

Aquí vos deixo uns vídeos para comezar a investigar.





venres, 24 de setembro de 2021

xoves, 23 de setembro de 2021

O OUTONO

 


Onte, 22 de setembro comezou o outono ás 21:21 horas.
Comezamos esta estación que rematará o 21 de decembro coa chegada do inverno.
FELIZ OUTONO!

COMEZAMOS O CURSO INVESTIGANDO SOBRE OS VOLCÁNS

 

O pasado domingo entrou en erupción o volcán na Palma, unha das Illas Canarias.





O longo destes días investigamos e respondemos a tódalas preguntas que tiñamos sobre os volcáns. Sabemos o que son, que acontece cando entra en erupción, algunhas medidas que se deben levar a cabo para previr danos, a temperatura da lava...





Curiosidades sobre os volcáns



martes, 1 de xuño de 2021

luns, 31 de maio de 2021

martes, 18 de maio de 2021

DÍA DOS MUSEOS 2021

 Día internacional dos museos 2021: "O futuro dos museos: recuperar e imaxinar"

O obxetivo deste día e concienciar sobre o feito de que os museos son un importante medio para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas, así como para o desenvolvemento da comprensión mutua, da colaboración e da paz entre os pobos.

preme na imaxe para ver os museos de Galicia

TABOA DO 8

 

AS HORAS

 






luns, 17 de maio de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Como cada ano desde 1963 celébrase o Día das Letras Galegas co obxectivo de homenaxear a aquelas persoas que destacaron pola defensa da lingua galega e da nosa cultura.

Este 17 de maio está adicado a XELA ARIAS
CASTAÑO.

preme na imaxe


preme na imaxe (actividades interactivas)


venres, 7 de maio de 2021

mércores, 28 de abril de 2021

luns, 26 de abril de 2021

martes, 20 de abril de 2021

BOOKTUBERS

 O VENRES CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO.

Daquela, esta semana ímonos converter en booktubers.

Aquí vos deixo unha actividade para ir quentando motores.


Booktubers, una ficha interactiva de orientateacher
liveworksheets.com

luns, 19 de abril de 2021

REMATAMOS O PROXECTO


Rematamos o proxecto "O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS" facendo o noso libro.














O venres tamén despedimos a profe Sara, que estivo connosco durante case todo o 2º trimestre.
Foi un pracer compartir con ela este tempo e esperamos que nos visite pronto.  

xoves, 8 de abril de 2021

A MULTIPLICACIÓN

Agora que xa entendemos e sabemos o que significa múltiplicar, e como funcionan as múltiplicacións básicas, toca memorizar as táboas. 

E por que temos que memorizalas? 

Porque é unha ferramenta básica para o calculo mental.

Mellora o razoamento.

Facilita outro tipo de traballos matemáticos ao longo da escola e da vida.

Mellora na resolución de problemas que implican múltiplicación.

...

Memoriza as táboas de múltiplicar con MILIKI.







"A roda de multiplicar".  Material para completar, colorear, recortar e compoñer sobre as táboas de múltiplicar.






Unha vez completado o traballo, unindo os círculos pola lingüeta con un encadernador ou cordel, queda así.

luns, 22 de marzo de 2021

RESOLVEMOS PROBLEMAS

 Aquí vos deixo uns problemas relacionados co Parque Nacional das Illas Atlánticas, proxecto que estamos levando a cabo neste trimestre.

Para resolvelos podedes empregar as tapas e regletas tal e como vistes no xogo que vos puxen no classdojo.

mércores, 17 de marzo de 2021

CABALO DE PURA RAZA GALEGA

 Estamos na Illa de Salvora, ademais do monumento da Serea Mariña, tamén atopamos cabalos de pura raza galega, unha especie en perigo de extinción.



Un vídeo para aprender moito sobre este mamífero.

RUMBO A SALVORA

 Hoxe pasou algo espectacular na nosa aula.

Levamos a cabo unha tarefa deseñada pola mestra Sara que está de prácticas na nosa aula.

Nada máis comezar a mañá chegou o colexio unha caixa que nos enviou unha tal Mariña. Pero... non se trataba da nosa boa compañeira Mariña, non, non, tratábase de outra que non tiñamos nin idea.

Entón escoitade o que descubriu Sara a través dunha amiga. 

Escoitámolo na aula e parecía moi interesante!


Estaba claro que tiña relación con algunha Illa do Parque. 
Abrimos a caixa e o primeiro que atopamos foi unha lenda. Tocaba ler e descubrir de que trataba.


Traballamos a lenda.


Deseguido tocaba abrir os sobres.


Quedamos abraiados! O sobre grande contiña un billete de barco para a Illa de Salvora e unhas instrucións que tivemos que ler con moita atención xa que logo tiñamos que resolver uns problemas para o final, poder construir un crebacabezas.




Resolvendo os problemas.




Conseguimos as pezas do rompecabezas, iso si, había moitas pistas falsas.



E por fin, despois de traballar duro resolvendo tódolos problemas, descubrimos de que se trataba.

O MONUMENTO DA SEREA MARIÑA, que se atopa na Illa de Salvora.

Ah!! E o billete de barco para viaxar a Illa de Salvora, gardámolo no noso portfolio, xa que como ben sabemos, neste momento non podemos ir debido a covid-19.

Sigamos descubrindo Salvora!