mércores, 15 de abril de 2020

BENVIDOS O 3º TRIMESTRE

BENVIDOS A TÓDOLOS ALUMNOS e ALUMNAS DE 1ºA. 

A miña ilusión era coñecervos en persoa despois das vacacións de samana santa, pero como ben sabedes estamos nunha situación de estado de alarma que fai imposible que así sexa e que modifica por completo as nosas vidas. Quedando interrumpido o proceso de acompañamento na aprendizaxe de cada alumno.
A través deste blog pretendo que os alumnos continuen traballando e afianzando os contidos dados ata o de agora, aportando recursos para que cada quen poida facer uso deles en función da súa situación persoal.
Tamén estaremos en contacto a través da app 
classdojo
que nos servirá de canle para todo tipo de dubidas que se vos presenten, poderemos compartir vídeos e fotos que logo publicaremos neste blog, e aportar novas ideas para levar a cabo entre todos.

Desexo que este blog sexa un espazo de aprendizaxe e diversión para todos.

😍😍

Ningún comentario:

Publicar un comentario