venres, 17 de abril de 2020

ANIVERSARIO DE RAFA

Mañá esta de aniversario o voso amigo Rafa, neste momento as celebracións só se poden celebrar en familia, ainda así animovos a que lle fagades unha felicitación que lla poderedes dar cando chegue o momento do reencontro ou se me enviades a foto da felicitación suboas o blog e poderá velas. Seguro que lle encantan!
Eu xa lle fixen a miña.


Agora tocavos a vós, collede lapis e papel, escribide a felicitación e engadidelle unha ilustración.

Toda festa de aniversario necesita unha invitación. 
Agora tocache a ti Rafa: deseña a túa invitación de aniversario para a túa familia.








xoves, 16 de abril de 2020

COÑECÉMONOS

Para coñecernos!
Propóñovos facer unha presentación.
Aquí vos deixo o guión para facela. 
Primeiro escribidea e logo facede o vídeo. 
Se vos animades podedes facer foto da presentación escrita e logo o vídeo, e mandarmo o classdojo.
EL RINCONCITO DE RAQUEL: INFORMACIÓN PAPÁS

mércores, 15 de abril de 2020

BENVIDOS O 3º TRIMESTRE

BENVIDOS A TÓDOLOS ALUMNOS e ALUMNAS DE 1ºA. 

A miña ilusión era coñecervos en persoa despois das vacacións de samana santa, pero como ben sabedes estamos nunha situación de estado de alarma que fai imposible que así sexa e que modifica por completo as nosas vidas. Quedando interrumpido o proceso de acompañamento na aprendizaxe de cada alumno.
A través deste blog pretendo que os alumnos continuen traballando e afianzando os contidos dados ata o de agora, aportando recursos para que cada quen poida facer uso deles en función da súa situación persoal.
Tamén estaremos en contacto a través da app 
classdojo
que nos servirá de canle para todo tipo de dubidas que se vos presenten, poderemos compartir vídeos e fotos que logo publicaremos neste blog, e aportar novas ideas para levar a cabo entre todos.

Desexo que este blog sexa un espazo de aprendizaxe e diversión para todos.

😍😍

xoves, 27 de xuño de 2019

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Traballamos arreo para participar no festival de fin de curso.
Aprendemos de momoria a canción 
HECHO CON MIS SUEÑOS DE MALDITA NEREA
para logo representala o día do festival.

Primeiro creamos unhas camisetas moi orixinais.








E chegou o día










ESCRIBÍRONNOS

Na última semana de clase chagáronnos as cartas que nos escribiron os alumnos/as de 2º de EP do colexio Ceo Príncipe de Asturias. Como vos contamos ao longo do curso nos telexornais, nós previamente escribímoslle unhas postais contandolle como era Padrón. Foi moi emocionante recibir a súa carta.


REMATAMOS O PROXECTO DOS ANIMAIS

Nas últimas semanas de clase rematamos o proxecto dos animais elaborando unhas maquetas de distintos habitat de animais. Foi un traballo cooperativo no que cada alumno do grupo trouxo o material acordado para logo elaborar na aula a maqueta, e expoñelas para todo o alumnado do colexio.
Así quedaron.
2ºA

2ºB