luns, 20 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO

23 de abril, DÍA DO LIBRO

O longo desta semana, cada día, dende a biblioteca veredes propostas de actividades para descubrir a maxía dos libros.
Entrade no blog e animadevos a participar.


Ademais, non vos esquezades de realizar as propostas de actividades das distintas especialidades (inglés, educación musical...) premendo no curso correspondente na páxina web do centro.

CONTOS

Aquí vos deixo outros enlaces con contos de balde.












FELICES  LECTURAS

O MONSTRO DE CORES TAMÉN ESTÁ NA CASA

O monstro de cores explicalle os nenos e nenas o coronavirus.
Con este conto imos a traballar as emocións primarias e saber algo máis do coronavirus.



Proposta de actividades:

- Fai unha ilustración do conto.
- Investiga sobre o coronavirus: que é? Por que temos que quedar na casa? Que medidas de hixiene temos que levar a cabo para coidarnos? Como podemos axudar a xente máis próxima?
- E ti, que sentes?


Escribe o porque de como te sentes.
Por exemplo, podo sentir:
-Medo porque me preocupa que enferme alguén da miña familia.
-Tranquilo/tranquila porque fago actividades que me relaxan (ler, debuxar, ver debuxos...)
-Triste porque non podo ir ao colexio e ver os meus amigos e amigas.
-Enfadado/enfadada porque non podo saír.
-Contenta/contento porque...
-Etc

É importante decirlle os nenos e nenas como nos sentimos nos como adultos e o sentir da sociedade en xeral, fomentando así a empatía.

- O conto remata coa ilustración do arco da vella e unha mensaxe de esperanza. Se ainda non fixeches o teu, agora é o momento. 



venres, 17 de abril de 2020

A MAXIA ESTÁ NOS LIBROS!

TEMPO DE LER

É moi importante estimular desde ben pequechos aos nenos e nenas no hábito da lectura xa que será moi importante para o seu desenvolvemento. Coa lectura dun libro despertarás a súa curiosidade, ampliarás o seus coñecementos e estimularás a súa imaxinación.
Algunhas pautas que poden axudarche a hora de promover o hábito da lectura:
  • Le alomenos 20 minutos tódolos días.
  • Lelle en voz alta, contar un conto é algo moi motivador para o teu fillo/a.
  • Dispoñer dun recuncho donde localicen e garden os seus libros.
  • Anímalle a participar da lectura, comentar o conto, preguntarlle que lle pareceu, outras posiblidades de como podería rematar o conto...
  • Propoñer algun xogo a partir da lectura, como debuxar, recortar imaxes...
KALANDRAKA ofrece cada día un conto contado.
preme na imaxe

ANIVERSARIO DE RAFA

Mañá esta de aniversario o voso amigo Rafa, neste momento as celebracións só se poden celebrar en familia, ainda así animovos a que lle fagades unha felicitación que lla poderedes dar cando chegue o momento do reencontro ou se me enviades a foto da felicitación suboas o blog e poderá velas. Seguro que lle encantan!
Eu xa lle fixen a miña.


Agora tocavos a vós, collede lapis e papel, escribide a felicitación e engadidelle unha ilustración.

Toda festa de aniversario necesita unha invitación. 
Agora tocache a ti Rafa: deseña a túa invitación de aniversario para a túa familia.








xoves, 16 de abril de 2020

COÑECÉMONOS

Para coñecernos!
Propóñovos facer unha presentación.
Aquí vos deixo o guión para facela. 
Primeiro escribidea e logo facede o vídeo. 
Se vos animades podedes facer foto da presentación escrita e logo o vídeo, e mandarmo o classdojo.
EL RINCONCITO DE RAQUEL: INFORMACIÓN PAPÁS

mércores, 15 de abril de 2020

BENVIDOS O 3º TRIMESTRE

BENVIDOS A TÓDOLOS ALUMNOS e ALUMNAS DE 1ºA. 

A miña ilusión era coñecervos en persoa despois das vacacións de samana santa, pero como ben sabedes estamos nunha situación de estado de alarma que fai imposible que así sexa e que modifica por completo as nosas vidas. Quedando interrumpido o proceso de acompañamento na aprendizaxe de cada alumno.
A través deste blog pretendo que os alumnos continuen traballando e afianzando os contidos dados ata o de agora, aportando recursos para que cada quen poida facer uso deles en función da súa situación persoal.
Tamén estaremos en contacto a través da app 
classdojo
que nos servirá de canle para todo tipo de dubidas que se vos presenten, poderemos compartir vídeos e fotos que logo publicaremos neste blog, e aportar novas ideas para levar a cabo entre todos.

Desexo que este blog sexa un espazo de aprendizaxe e diversión para todos.

😍😍