venres, 29 de maio de 2020

O MAIO

Estamos a piques de rematar o mes, e aquí vos propoño despedilo  coñecendo a festa dos MAIOS.

Ahí ven o maio
de flores cuberto...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min extendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvo-lo pobre
do pobo galego:
pra min hon hai maio.
¡pra min sempre é inverno!
(Aires da miña terra, Curros Enríquez)



E para os que gosten da versión musical feita por Luís Emilio Batallán ('Ahí ven o maio') (preme na imaxe).

OS MAIOS NA NOSA CULTURA

É unha festa popular de orixes ancestrais.Adóitase celebrar o 1 de maio para rendir tributo á terra e á fertilidade.
A festa consiste en realizar unha estrutura floral e follas propias da estación. A xente reúnese ao redor dela cantando coplas.

TURISMO EN GALICIA | Turismo, Cultura





Os maios tradicionais están compostos na súa maioria de especies vexetais propias da época: fiuncho, fieito,margaridas,
rosas, xesta, calas,laranxas...  




Actividades arredor dun poema.

                                  


Actividade interactiva

                     
OS MAIOS

xoves, 28 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO DEREITO O XOGO


Os beneficios do xogo son considerables e indiscutibles: xogar é unha fonte inesgotable de pracer, alegría, descubremento, reto e satisfacción, que permite un crecemento equilibrado do corpo, a intelixencia, a afectividade e a sociabilidade.

Como celebralo?

Pois xogando a tope😊
  • Propoñovos unha partida de parchis, de cartas ou de calquera xogo de mesa que teñades pola casa.
  • Sacade a bicicleta ou os triciclos e dade un paseo pola vila.
  • Sacade os bonecos ou os monstros a pasear.
  • Xogade co trompo, o ioio, con cordas, a goma de saltar, a pelota...
  • Pasade unha tarde de xogo na praia.

Enviádeme o debuxo do voso xogo favorito, ou unha foto ou vídeo xogando, o que prefirades.


Entrade no blog da biblioteca e participade na proposta de hoxe elaborando o voso xoguete.

GOZADE DO DÍA 

mércores, 27 de maio de 2020

PORTADA DUN LIBRO

Escolle un libro que che guste. Fíxate ben na súa portada e recréaa!
Podes facelo con debuxos como se fora un collage, pero eu anímote  a que sexas máis creativo/a e saias ti na portada. Non ten que ser igual, pode ser a túa versión: disfrázate, busca materiais pola casa...e sorpréndenos! Envíademe unha foto co resultado.


E como a proposta de hoxe vai de libros, non vos esquezadas de ler tódolos días. 
Facede que tódolos días sexan o día do libro.
Aquí vos deixo un conto para que escoitedes.


E tamén lembrade facer 10 minutos de calculadora.

martes, 26 de maio de 2020

ESTRATEXIA + - 1 E + - 2


ESTRATEXIA +1
  • Con regletas: teño 1, e 1 máis?, teño 2, e 1 máis?... 3 e un máis, 4 e un máis, 5 e un máis... (palabra clave: POSTERIOR)
  • No seguinte vídeo podedes ver un xogo para esta actividade, só precisades as regletas, un dado de moitas caras ou dous dados.





  • Paso a fase gráfica no papel  e posteriormente a linguaxe simbólica.



ESTRATEXIA +2
  • Con regletas facemos o mesmo pero coa  estratexia +2: 3 e dous máis, 4 e dous máis, 5 e dous máis...
  • Paso a fase gráfica no papel e posteriormente a linguaxe simbólica.

FACEDE O MESMO PERO COA ESTRATEXIA -1 E -2 (palabra clave: ANTERIOR).




Anterior y posterior


Tamén vos propoño que continuedes investigando coa calculadora. No seguinte vídeo tedes a explicación de como usar o factor constante



Facede series ascendentes e descendentes 
VERBALIZADAS:
    Calculadora kawaii en Calculadoras - GIF Animado | REYGIF
  • de 1 en 1
  • de 2 en 2
  • de 5 en 5
  • de 10 en 10
  • de 20 en 20
  • de 25 en 25
  • de 50 en 50
  • de 100 en 100

Logo pasádeas a escrita. Dividide un folio en catro partes e en cada parte escribide unha serie.


luns, 25 de maio de 2020

INVESTIGADE

SABEDES QUE É ISTO?

los costos: LOS COSTOS
Seguro que si. A proposta de hoxe e que coñezades como funciona este aparello. No seguinte documento tedes con detalle toda a investigación para levar a cabo. 



 O longo da semana poñereivos novas actividades para afondar no coñecemento deste aparello tecnolóxico, e para que vaiades descubrindo algunhas das moitas posibilidades que ten.
Durante esta semana enviádeme os vosos vídeos trebellando con este dispositivo. 
Ánimo!

venres, 22 de maio de 2020

Planilla ata o 100

Todos debedes ter unha planilla coma esta na casa, pero senón a tedes, é o momento de facela. 
  • Dedicádelle un tempo tódolos días a leela. De 1 en 1, de 10 en 10... Comezando desde calquera número cara adiante e cara atrás.



  • Con regletas contade de 10 en 10, de 5 en cinco, de 2 en 2...
  • Ide rodeando os números conforme os ides decindo de 2 en 2 de cor amarelo, de 5 en 5 de cor azul e de 10 en 10 de cor laranxa. 



Xogade: 
  •  Podedes poñer tódolos días a data con regletas.
  •  Intenta facer con regletas unha cara(ollos, nariz, boca, pelo...)cuxo valor sexa 100. A cara ten que gardar certa simetría, igual que as caras humanas.

Un problema de dobres
Doble y mitad

Tedes actividades de inglés da teacher Christina para esta quincena. Tamén de música e de relixión.

xoves, 21 de maio de 2020

Parabéns Dani!


A MALETA

Seguro que neste tempo que levamos na casa, desde que comezou o estado de alarma, pasaronche moitos acontecementos. Toca metelos dentro dunha maleta. Que raro! 
Escribe os agradables dentro dunha maleta e os desagrables na outra, en forma de listaxe. Recorda que para facer unha listaxe hai que poñer un guión diante. 
Se na maleta da lámina non che collen podes debuxar unha maleta máis grande nun folio.




mércores, 20 de maio de 2020

MATEMÁTICAS



OAOA Descomposición del número 10 con Regletas de Cisenaire
Descomposicion de numeros de 10 a 20

Construimos os números do 20 ao 30 con regletas ou palillos. Logo pasamos a fase gráfica (pintar) e por último a simbólica (escribir os números). E sempre verbalizando por exemplo 20 máis 2 e nunca 2 e 2.
Este vídeo contavos varias cousas, o importante é a parte na que explica como construir os números do 20 ao 30.




De 20 a 29


martes, 19 de maio de 2020

ANIVERSARIO

O xoves está de aniversario o noso compoñeiro Dani.  Felicitádeo, podedes guiarvos polo seguinte modelo e logo engadirlle unha ilustración. E non vos esquezades de poñer o voso nome. (Tedes ata mañá a última hora para enviarmas)


E para ti Dani, fai a invitación do teu aniversario.





Todos podedes practicar a facer a invitación, así cando chegue o voso aniversario xa a sabedes facer moi ben. (premede no enlace que aparece debaixo da imaxe)


Invitaciones

Entrade no blog da biblioteca tedes un xogo "O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO" animádevos a facelo que seguro que vos gusta.

luns, 18 de maio de 2020

E SEGUIMOS CO CONTO

Xa coñecedes moi ben este conto, agora facede a comprensión lectora. É unha actividade interactiva, unha vez feita premedes en rematar, poñedes o voso nome, dádeslle a envíar e automáticamente xa a recibo eu. Para ver a actividade premede no enlace que aparece o final en azul.


As pitas baixo a choiva  (preme aquí)


 .

domingo, 17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

TERCEIROCICLO-CEIPIRMÁNSVILLAR: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016 ...

O mellor xeito de festexar este día é falando, lendo, escoitando e xogando en galego. Aquí vos deixo o relato orixinal do conto "As pitas baixo a choiva". 



XOGAMOS:
O xogo da pita cega

Recuperamos un xogo tradicional para que o practiquedes na casa en familia. Velaí vai!
Os xogadores/as sitúanse en corro. A un deles, no centro do mesmo , tápanselle os ollos cun pano. O resto de xogadores van dandolle voltas facéndolle xirar sobre si mesmo para desorientalo. Mentras cantan:
  • Pita cega que perdiches?
  • Unha agulla e un dedal
  • Pois da tres voltas e o atoparás.
Unha vez cantado isto, o xogador/a que fai de pita cega, ás apalpadelas,intentará bater con alguén e pillalo. Quen resulte pillado pasará a ser a pita cega no centro do corro.


 Xogo interactivo



CRISTO NUESTRO MEJOR AMIGO: EDUCAR ES UN ARTE

venres, 15 de maio de 2020

A CASA

E para rematar a semana aquí vos deixo o vídeo coas vosas creacións das casas que elaborastes a semana pasada. 




xoves, 14 de maio de 2020

OS DOBRES


  • Coas regletas investigamos as sumas dobres.
1+1
2+2
3+3
4+4

Vanse memorizando e dicindo o resultado antes de comprobar.
  • Logo pasamos a fase gráfica e simbólica no caderno ou folio.

  • As sumas dobres servirannos na resolución de problemas.
  • Traballade coas seguintes láminas. Memorizade os dobres xogando e facendo rimas, seguro que así son máis fáciles.




´
Con esta lámina comproba se os sabes de memoria.


mércores, 13 de maio de 2020

DO 10 AO 20

CONSTRUIMOS NÚMEROS ATA O 20
  • Primeiro na fase manipulativa con regletas, palillos...
Regletas: números del 10 al 20 | CEIP Santa Rosa de Lima – Guamasa
  • Logo pasamos a fase gráfica e simbólica no caderno tal e como se ve na imaxe.


Practicamos cara o calculo mental




martes, 12 de maio de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

De seguido xoga con DON RIDARDO, primeiro presta moita atención a biografía de Ricardo Carvalho Calero, e se o fas ben, o final gañarás un diploma como experto das letras galegas 2020. Aínda que pareza difícil seguro que o consegues. Ánimo!






























Xogo interactivo da biografía


Actividades
                                      


Tedes para facer estas actividades e as de onte toda esta semana e a vindeira, que vos irei completando con outras. 
Entrade no blog da biblioteca que tamén vos conta cousas interesantes sobre as letras galegas deste ano, e para os que aínda non participastes no reto, animadevós que tedes ata o venres 15. 

luns, 11 de maio de 2020

PITAS, GALOS E GALIÑAS

As pitas, son unhas aves que aparecen na obra de Ricardo Carvalho Calero. Hai máis autores que escribiron sobre estas aves, a máis famosa é "A galiña azul".
As pitas baixo a choiva é un relato breve que narra un feito anecdótico da infancia do autor. Descobre o neno desde a fiestra da casa que as pitas estanse a mollar e el téntaas facer entrar ó galiñeiro; elas asústanse e, ao final, todos os membros da familia acaban mollados como pitos.

Conto
D:\Usuario\Desktop\CARVALHO CAL

Xogo interactivo das pitas baixo a choiva

Actividades interactivas
RicardoCarvalhoCalero Instagram posts (photos and videos) - Picuki.com

A historia da galiña azul mostra un dos valores máis prezados do autor, a defensa da pluralidade e diversidade fronte aos que buscan a uniformidade. A galiña protagonista é diferente ás demais.

Canción A galiña azul de Carlos Casares


Outra canción de pitas

Para colorear
                                     


                                     

venres, 8 de maio de 2020

HOMENAXE


Para homenaxear ao escritor Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, traballaremos as vindeiras semanas con contos, cancións, actividades e xogos que en algúns casos terán como protagonistas a unhas aves que todos coñecedes. 
Deámoslle a benvida á 
"PRIMAVERA DAS LETRAS"
neste 2020 da man de Carvalho Calero.




E como vai a aplicación do menú semanal?  E a construción das vosas casas con material de refugallo? Tedes ata o domingo para enviarme a foto da casa. Animo.😊

xoves, 7 de maio de 2020

ATA O 10

Esta semana traballamos sobre a casa. Agora toca facer algo moi sinxelo que seguro que xa sabedes todos, construir muros e casiñas.
A continuación tedes o modelo dos muros, logo facede vos o mesmo coas regletas.



E aquí os modelos das casiñas. Construide as casiñas dos números do 1 ao 10. No debuxo das casiñas podedes engadirlle chimenea, facer os teitos como máis vos guste... Poñédelle imaxinación.

                                      

                                      

mércores, 6 de maio de 2020

O 2 DO BO PASEO

Xa sabemos que o 2 significa gardar unha distancia con outras persoas de 2 metros. Aquí tedes uns xogos de medida. No primeiro xogo, que seguro ben sabedes, podemos medir con algunhas partes do corpo, despois de facer o xogo experimentade a medir obxectos que teñades na casa e anotádeo nun caderno ou folio.






Seguro que xa descubristes a festa que se celebra neste mes. Pois si, cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. No blog da biblioteca tedes o reto deste mes, animádevos a participar. 



martes, 5 de maio de 2020

UNHA SEMANA




A NORMA 1-1-2

Podemos saír a rúa a dar un bo poseo durante 1 hora. Aquí tedes un xogo para repasar as horas en punto.



Neste mes de maio celebramos unhas das festas máis importantes do ano. Hai que ir quentando motores!
Na rutina de tódolos días collede o almanaque e buscade o día do mes e da semana que se celebra e a quen se lle dedica este ano. Se entrades no blogue da biblioteca xa o podedes descubrir.

Tedes novas actividades na web do centro para esta quincena da Teacher Christina.


luns, 4 de maio de 2020

A NOSA CASA

Que vos parece se esta semana aprendemos algo máis sobre a nosa casa?
 Aquí vos deixo unha tarefa para facer o longo da semana, que completarei con algunha actividade que vos irei poñendo como de costume.
Veña moito animo.👍
Tedes toda a semana para elaborar a tarefa.

(Non é preciso que imprimades as láminas, coma sempre podedes facelo nun caderno ou folio)



Aquí vos deixo unha canción de Magín Blanco que nos fala de como pasamos estes días de confinamento.



Ahh, e non esquezades levar a cabo as merendas que deseñastes para esta semana. Cada día que o fagades ben podedes poñer unha cariña alegre.😊