Escolle un libro que che guste. Fíxate ben na súa portada e recréaa!
Podes facelo con debuxos como se fora un collage, pero eu anímote a que sexas máis creativo/a e saias ti na portada. Non ten que ser igual, pode ser a túa versión: disfrázate, busca materiais pola casa...e sorpréndenos! Envíademe unha foto co resultado.
E como a proposta de hoxe vai de libros, non vos esquezadas de ler tódolos días.
Facede que tódolos días sexan o día do libro.
Aquí vos deixo un conto para que escoitedes.
E tamén lembrade facer 10 minutos de calculadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario