Estamos a piques de rematar o mes, e aquí vos propoño despedilo coñecendo a festa dos MAIOS.
Ahí ven o maio
de flores cuberto...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
e os puchos furados
pra min extendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.
Pasai, rapaciños,
calados e quedos,
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvo-lo pobre
do pobo galego:
pra min hon hai maio.
¡pra min sempre é inverno!
E para os que gosten da versión musical feita por Luís Emilio Batallán ('Ahí ven o maio') (preme na imaxe).
OS MAIOS NA NOSA CULTURA
É unha festa popular de orixes ancestrais.Adóitase celebrar o 1 de maio para rendir tributo á terra e á fertilidade.
A festa consiste en realizar unha estrutura floral e follas propias da estación. A xente reúnese ao redor dela cantando coplas.
rosas, xesta, calas,laranxas...
Actividades arredor dun poema.
Actividade interactiva
OS MAIOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario