Os beneficios do xogo son considerables e indiscutibles: xogar é unha fonte inesgotable de pracer, alegría, descubremento, reto e satisfacción, que permite un crecemento equilibrado do corpo, a intelixencia, a afectividade e a sociabilidade.
Como celebralo?
Pois xogando a tope😊
- Propoñovos unha partida de parchis, de cartas ou de calquera xogo de mesa que teñades pola casa.
- Sacade a bicicleta ou os triciclos e dade un paseo pola vila.
- Sacade os bonecos ou os monstros a pasear.
- Xogade co trompo, o ioio, con cordas, a goma de saltar, a pelota...
- Pasade unha tarde de xogo na praia.
Enviádeme o debuxo do voso xogo favorito, ou unha foto ou vídeo xogando, o que prefirades.
Entrade no blog da biblioteca e participade na proposta de hoxe elaborando o voso xoguete.
GOZADE DO DÍA
GOZADE DO DÍA
Ningún comentario:
Publicar un comentario